Monday 06 de May de 2024

O Partido Popular de Oleiros está a realizar unha enquisa entre os comerciantes e hostaleiros do termo municipal.


O Partido Popular de Oleiros comezou a repartir un breve cuestionario onde se pide ao pequeno comercio e á hostalería que respondan a unha serie de asuntos que, directa ou indirectamente, afectan á súa actividade.
Entre outros, pregúntase aos profesionais destes sectores polos problemas que atopan para levar a cabo o seu labor diario, as deficiencias que detectan na súa zona: iluminación, limpeza e recollida de lixos, estado do mobiliario urbano, vixilancia, espazos para aparcamento, etc.
Tamén se interesa a enquisa pola valoración do apoio municipal á mesma e a facilidade nas xestións #ante a entidade municipal.

“Consideramos que estás actividades son fundamentais, non só no presente, para manter a vida social e a interrelación entre os veciños nas distintas parroquias, senón que de fronte ao futuro, como unha fonte de ingresos que, boa falta fará cando se acabe co terreo edificable e os ingresos por licenzas e venda de terreos derivados do urbanismo” manifestou Jaime Núñez responsable da área de empresa do Partido Popular de Oleiros.

“Queremos un comercio e unha hostalería atractiva, coa maior oferta posible, que atraia visitantes e cre emprego, que sirva a dar vida a cada núcleo de poboación e escapar así do modelo de cidade dormitorio que o Plan Xeral de Urbanismo deseñou e que se manifesta recentemente na proliferación de centros comerciais como rivais destas actividades tradicionais” engadiu Núñez.

Analizado o resultado destas enquisas, o Partido Popular presentará unha serie de propostas #ante a corporación para apoiar a estes dous sectores económicos tan importantes no municipio.